Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 10 de agosto de 2016 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no acordo de inicio do procedemento de reintegro do expediente 52/32/14/490170 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Logo de ser intentada sen éxito a notificación a Isaac Caneiro Domínguez (NIF ****5495W) nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslle que o 31 de maio de 2016 acordouse declarar o reintegro da subvención indebidamente percibida nos expedientes 52/32/14/490170 e 54/32/14/490170 polas cantidades de 51,57 € e 12,95 € respectivamente, cun total de 64,52 €.

Consonte o previsto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o interesado dispón dun prazo de alegacións de quince días hábiles, contados desde a publicación do presente anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

De encontrar conforme a liquidación que se lle formula, pode vostede efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca, número ES72 2080 5355 6531 1004 2831, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

Os expedientes atópanse, en todo caso, á disposición do interesado no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2016

Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expedientes: 52/32/14/490170 e 54/32/14/490170.

Interesado: Isaac Caneiro Domínguez.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Último enderezo coñecido: Ramil, s/n, 32708 Xunqueira de Espadanedo (Ourense).