Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37979

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO polo que se convoca proceso selectivo para a contratación de persoal temporal.

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca o proceso selectivo REF.PER.-2016/03 para a contratación, polo sistema de concurso e mediante contrato de duración determinada, de persoal científico-técnico con cargo a un proxecto de I+D+i.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia; avenida de Galicia, nº 4, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

San Cibrao das Viñas, 1 de agosto de 2016

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne