Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 29 de agosto de 2016 Páx. 38291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de fretaxe total de aeronaves para o transporte aéreo de órganos humanos para transplantes e do persoal e equipo sanitario encargados da súa extracción, para a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Xestión Integrada da Coruña-Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

2º. Domicilio: paseo do Xeneral Sir John Moore, 2, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfonos: información de índole técnica: 981 17 80 92 e información de índole administrativa: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

7º Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

d) Número do expediente: AI-EIC1-16-008.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de fretaxe total de aeronaves para o transporte aéreo de órganos humanos para transplantes e do persoal e equipo sanitario encargado da súa extracción, para a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de entrega/execución: xerencias de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e da Coruña.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa entrada en vigor.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV: 60445000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase a cláusula 6.5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato.

a) 3.815.398,80 € (tres millóns oitocentos quince mil trescentos noventa e oito euros con oitenta céntimos).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 1.564.712,80 € (un millón cincocentos sesenta e catro mil setecentos doce euros con oitenta céntimos).

b) Importe total: 1.564.712,80 € (un millón cincocentos sesenta e catro mil setecentos doce euros con oitenta céntimos). Esta contratación está exenta do IVE, segundo o disposto no artigo 22.4 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si, equivalente ao 5 % do importe de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non procede.

b) Solvencia:

– Solvencia económica e financeira: deberase xustificar segundo o sinalado no punto 5.3.1.f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

– Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar segundo o sinalado no punto 5.3.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 26.9.2016.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente y Lago.

2º. Domicilio: paseo do Xeneral Sir John Moore, nº 2, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o previsto no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: sala de sesións do Hospital Abente y Lago, paseo do Xeneral Sir John Moore, nº 2.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora: as datas de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29.7.2016.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos