Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 29 de agosto de 2016 Páx. 38237

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (675/2014).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 675/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Couselo Ferro contra Talleres J. Y M. Fernández, S.L., Automóviles J Y M Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Talleres J&M Fernández, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2016.

Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, tras ver os presentes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por Jesús Manuel Couselo Ferro, asistido da letrada Rosa María Martínez Ferreiro, contra Marcelino Fernández Rodríguez, representado pola letrada Ana María Crecente Maseda, Integral Motion Assistance, S.L., representado polo letrado Alberto Sáenz-Chas Díaz, José Luis Fernández Rodríguez, Asesoría Global Automoción, Compostela Concesionario, S.L., Compostela Automotriz, S.L., Patrimonial Ferampe, S.L., Talleres J. Y M. Fernández, S.L., Automóviles J Y M Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L. e Ifer Coruña, S.L. e o Fogasa, que non comparecen todos ao acto de xuízo malia a súa citación en forma, pronunciou, en nome do rei, a seguinte resolución:

Resolvo:

1º. Que, estimando a reclamación de cantidade promovida por Jesús Manuel Couselo Ferro en canto se dirixiu contra as empresas Talleres J. Y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. Y M. Fernández, S.L.U., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L. e Talleres Fernández Coruña, S.L., debo condenalas e condénoas a que aboen ao demandante a cantidade de 6.023,52 €, que se deberá incrementar co 10 % de xuro en concepto de mora computado na forma indicada no fundamento xurídico terceiro da presente resolución.

2º. Que, así mesmo, debo condenar e condeno o Fondo de Garantía Salarial a se ater á condena imposta ás aludidas codemandadas.

3º. Non se fai especial pronunciamento en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J Y M Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2016

A letrada da Administración de xustiza