Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 29 de agosto de 2016 Páx. 38252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de coordinación cultural no Complexo da Illa de San Simón, no concello de Redondela (Pontevedra), dependente desta consellería (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26157

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 86, do 6 de maio de 2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: servizo de coordinación cultural no Complexo da Illa de San Simón, no concello de Redondela (Pontevedra), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 23.801,65 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 21 de xullo de 2016.

b) Data da formalización do contrato: 28 de xullo de 2016.

c) Contratista: Sonido e Iluminación Goyplason, S.L.

d) Importe de adxudicación: 19.800,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2016

O conselleiro da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria