Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 29 de agosto de 2016 Páx. 38304

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2016 polo que se dá publicidade a unha encomenda de xestión, para os exercicios 2016 e 2017, á Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa).

De conformidade co previsto no artigo 9.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encomenda de xestión, para os exercicios 2016 e 2017, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa), coas seguintes características:

Actividade: traballos de mantemento e conservación do Xardín Literario da Cidade da Cultura de Galicia.

Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsa a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Prazo de vixencia: o prazo de execución será dun (1) ano.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2016

Beatriz González Loroño
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia