Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 29 de agosto de 2016 Páx. 38228

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (137/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ejecucion de titulos xudiciais 137/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo García Gómez contra La Empanadilla Sabrosa, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto:

Maxistrada xuíza: Carolina Nores Díaz.

En Santiago de Compostela, tres de agosto de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Único. Pablo García Gómez presentou escrito mediante o que se solicita a execución da sentenza nº 111/16, de data 13.5.2016, ditada no procedemento DSP 197/16, fronte a La Empanadilla Sabrosa, S.L., Fogasa,

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e se debe despachar esta de conformidade co disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa, e por solicitude de execución presentada, a cantidade pola que se despacha execución é de 15.495,07 euros en concepto de principal (1.240,96 euros en concepto de indemnización, 13.899,95 euros en concepto de salarios, 354,16 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET) e de 1.549,50 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, do importe dos que se percibirían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de prema en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprir na súa integridade a obriga, se se apreciase falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tivese incumprido a obriga de manifestar bens ou se tivesen ocultado elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal a aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprise na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución monetaria o aboamento dos xuros procesuais, se procedesen, dentro do prazo dos vinte días seguintes ao da data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituída ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle impoñerán as custas da execución que se tivese instado, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto polo/a maxistrada, a letrada da Administración de xustiza responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos en citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 111/16 de data 13.5.2016 ditada no procedemento DSP 197/16 a favor da parte executante, Pablo García Gómez, fronte a La Empanadilla Sabrosa, S.L., Fogasa, parte executada por importe de 15.495,07 euros en concepto de principal (1.240,96 euros en concepto de indemnización, 13.899,95 euros en concepto de salarios, 354,16 euros en concepto de xuos do artigo 29.3 do ET), máis outros 1.549,50 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na Conta de Consignacións deste Xulgado do Social número 1, aberta en Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, debendo indicar no campo concepto, “Recurso” seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-reposición”. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza.

A letrada da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza, Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela, tres de agosto de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Único. Nas presentes actuacións ditouse auto despachando execución a favor de Pablo García Gómez fronte a La Empanadilla Sabrosa, S.L., Fogasa pola cantidade de 15.495,07 euros en concepto de principal (1.240,96 euros en concepto de indemnización, 13.899,95 euros en concepto de salarios, 354,16 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 1.549,50 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispón o artigo 551.3 da LAC que, ditado o auto que contén a orde xeral de execución, a letrada da Administración de xustiza responsable desta, ditará decreto no que se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens, e as medidas de localización e indagación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que deba facerse ao debedor en casos que o estableza a lei; ditándose de oficio as resolucións pertinentes conforme o artigo 237 da LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir á executada La empanadilla Sabrosa, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 15.495,07 euros en concepto de principal (1.240,96 euros en concepto de indemnización, 13.899,95 euros en concepto de salarios, 354,16 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 1.549,50 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0137 16), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a La Empanadilla Sabrosa, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 aberta en Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a La Empanadilla Sabrosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2016

A letrada da Administración de xustiza