Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 30 de agosto de 2016 Páx. 38314

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplían os prazos de presentación de solicitudes e de xustificación da Resolución do 15 de febreiro de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Mediante a Resolución do 15 de febreiro de 2016 (DOG núm. 41, do 1 de marzo), aprobáronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, e se procedeu á súa convocatoria para o ano 2016.

De conformidade co establecido no artigo 8 da devandita resolución, o prazo para a presentación de solicitudes remata o día 31 deste mes de agosto.

Pola súa parte, no artigo 16 establécese que a actividade subvencionada deberá ser xustificada antes do 30 de setembro de 2016.

Próximo a rematar o prazo de presentación de solicitudes e á vista das solicitudes presentadas, esta secretaría xeral considera conveniente proceder á ampliación do prazo de presentación de solicitudes e, consecuentemente, do prazo de xustificación das subvencións solicitadas conforme o novo prazo.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVO:

Artigo 1. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Ampliar ata o 30 de setembro de 2016, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 8 da Resolución do 15 de febreiro de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Artigo 2. Ampliación do prazo de xustificación

Ampliar ata o 31 de outubro de 2016, inclusive, o prazo de xustificación previsto no artigo 16 da devandita resolución.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2016

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración