Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2016 Páx. 39664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/23-2, 8332 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Recambios Frain, S.L.

Domicilio social: rúa da Industria, 44-45-46.

Denominación: soterramento LMT Rábade 1-2 tramo P1-P3. Obra civil.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Canalización soterrada formada por catro tubos de 160 mm de diámetro e por un tubo de 63 mm de diámetro, con orixe na LMT, soterrada existente no punto A (do plano do proxecto) e final no apoio proxectado no punto H (do plano do proxecto) cunha lonxitude de 366 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 18 de agosto de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo