Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2016 Páx. 39681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador SAN-LU-0078/2016-TQ.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 26 de agosto de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: SAN-LU-0078/2016-TQ.

Interesado: José Luis López López.

Acto notificado: proposta de resolución.