Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2016 Páx. 39749

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2016 pola que se dispón a publicación da encomenda de xestión á sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. para a realización dos traballos de urbanización do polígono D do parque empresarial de Quiroga.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) encomendou o 11 de agosto de 2016 á sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. a realización dos traballos de urbanización do polígono D do parque empresarial de Quiroga, de acordo co disposto nos artigos 7, 8 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

A encomenda terá a natureza de encomenda de xestión intersubxectiva, en canto que a sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. ten a consideración de medio propio e instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos establecidos no artigo 9.2 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, terá un prazo de vixencia ata o 30 de decembro de 2016 e poderá proceder á súa prórroga antes da súa finalización por causas xustificadas. Así mesmo, cando razóns de oportunidade debidamente acreditadas no expediente así o aconsellen, poderá procederse á finalización anticipada da encomenda.

Para o xeral coñecemento, e en cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamiento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, disponse a súa publicación.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo