Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2016 Páx. 42199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 24 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (expediente PO-74/2015 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que establece que as notificacións que non for posible efectuar se farán por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, posto que a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse os interesados que constan no anexo, mediante este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo, na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada na praza da Estrela s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento integro do acto notificado e a constancia deste. Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 24 de agosto de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/comercio

Expediente

Acto

Concello

Cuatro Boutique, S.L.

PO-74/2015

Resolución

Vigo

Verese Outlet Store

PO-109/2015

Resolución

Ourense

Mariana Paz Carnero

PO-125/2015

Resolución

Cangas

Constante Álvarez Osorno (Lira)

PO-67/2015

Resolución

Vigo

Lucía Fernández Ferradáns

PO-62/2015

Resolución

Redondela

Calzados Caribe

PO-70/2015

Resolución

Vigo