Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2016 Páx. 42202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 1 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes de reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se poidan practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 1 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº expediente

Acto que
se notifica

Concello

Comunidad de Propietarios Os Arcos

IN635A 2010/492-1

Recurso de alzada

Culleredo

Comunidad de Propietarios Os Arcos

IN635A 2010/492-1

Resolución

Culleredo

Beatriz Pimentel Bermúdez

IN635A 2016/120-1

Alegacións

Boiro

Francisco Pérez Casal

IN635A 2015/425-1

Resolución

Sada

Isaac Pérez Vázquez

IN635B 2016/21-1

Alegacións

Santiago de Compostela

Comunidad de Propietarios Alfonso VII nº 11

IN635B 2012/96-1

Toma de vista

A Coruña

Mónica Fernández López

IN635A 2016/126-1

Alegacións

A Coruña

María Luz Lijo Piñeiro

IN635A 2016/124-1

Alegacións

A Coruña

Mónica Pantín López

IN635A 2016/29-1

Resolución

Ferrol

Purificación Prego Sampedro

IN635A 2014/394-1

Resolución

Santiago de Compostela

Artur Trillo Sendón

IN635A 2015/284-1

Resolución

Trazo