Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 22 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2016/028 e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emplázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron acordados pola xefatura territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da xefatura territorial é rolda da Muralla nº 70 -2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez día e comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Lugo, 22 de agosto de 2016

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 21.6.2016)
Mª Belén da Riva López
Xefa do Servizo de Urbanismo de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

LU-RES 2016/028

Costel Gracea

Resolución de procedemento sancionador

LU-RES 2016/029

Alexandru Baltag Sali e Mirela Matei

Resolución de procedemento sancionador

LU-RES 2016/033

Gheorghe Roua

Proposta de resolución de procedemento sancionador

LU-RES 2016/048

Moisés Montoya Ventos e Alfredo Montoya Montoya

Proposta de resolución de procedemento sancionador

LU-RES 2016/050

Miguel Montoya Cortiñas, Josué Montoya Bentos e Leandro Cortinas

Proposta de resolución de procedemento sancionador

LU-RES 2016/063

Segar Viorel Marín

Proposta de resolución de procedemento sancionador

LU-RES 2016/064

Cristian Tintar

Proposta de resolución de procedemento sancionador