Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 1 de setembro de 2016, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-01260-O-2014).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución do recurso de alzada presentado no expediente sancionador PO-01260-O-2014 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ditada á persoa interesada.

É informada de que o expediente sancionador está á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5-A, 2º, Santiago de Compostela.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberá pagar o dito importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

PO-01260-O-2014

PO-3132-AL

Garda Civil 3601 R90807G

Construcciones Crespo, S.A.

A36001063

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

25.3.2014; 17.19; PO-307; 1,5

Artigo 142.8 da LOTT

Artigo 143.1.b) da LOTT

201

Desestimado