Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 16 de agosto de 2016 pola que se autoriza a transmisión mortis causa e sucesivamente inter vivos da concesión administrativa e da batea Diz III.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Diz III e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 12.8.2016, Ángela González Piñeiro solicita autorización para a transmisión mortis causa por pactos sucesorios e sucesivamente Ángela Vázquez González e Purificación Vázquez González solicitan autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Diz III.

Segundo. As solicitantes presentan a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

b) Consideración legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro; coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto, continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa e sucesivamente inter vivos a favor de Elena Vázquez González (33239080D) da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Diz III.

Localización:

Cuadrícula nº: 05.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 29.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Ángela González Piñeiro (33207589M), 1/4 privativo; Ángela Vázquez González (33267803M), 1/4 privativo; Purificación Vázquez González (33287641V), 1/4 privativo, e Elena Vázquez González (33239080D), 1/4 privativo.

Nova titular: Elena Vázquez González (33239080D), 100 % privativa.

A nova titular da concesión administrativa queda subrogada nos dereitos e obrigas das anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 16 de agosto de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
María José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños da Coruña