Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42902

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do expediente de modificación puntual 14-01 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello, en sesión do 9 de xullo de 2015, acordou aprobar inicialmente o expediente da modificación puntual 14-01 do PXOM do Barco de Valdeorras (muro de La Cerámica).

Logo de ver que tras a preceptiva información pública se introduciron modificacións de carácter substancial no documento aprobado inicialmente, sométese a nova información pública.

O dito expediente sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses mediante anuncio no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia. Durante o dito período quedará o expediente de manifesto no Departamento de Urbanismo deste concello, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas. Neste prazo os interesados poderán formular as alegacións que consideren.

Expediente:

* Modificación puntual 14-01 do PXOM (muro de La Cerámica).

O Barco de Valdeorras, 25 de agosto de 2016

Alfredo García Rodríguez
Alcalde