Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2016 Páx. 42920

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 15 de setembro de 2016 pola que se establece o deseño e as características das condecoracións, distintivos de permanencia e distincións honoríficas que a Xunta de Galicia poderá outorgar ao persoal da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia ou a persoas e institucións que colaboren con ela.

No Decreto 122/2016, do 8 de setembro, polo que se regula a concesión de condecoracións, distintivos de permanencia e distincións honoríficas outorgados pola Xunta de Galicia ao persoal da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia ou a persoas e institucións que colaboren con ela, establécese o réxime e os efectos da concesión das condecoracións, distintivos e distincións.

Con este fin, o citado decreto recolle tres condecoracións, tres distintivos de permanencia e unha distinción honorífica, coas denominacións seguintes:

a) Cruz de ouro da Xunta de Galicia ao mérito policial.

b) Cruz de prata da Xunta de Galicia ao mérito policial.

c) Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial.

d) Distintivo azul de permanencia de 25 anos de servizo na unidade.

e) Distintivo amarelo de permanencia de 20 anos de servizo na unidade.

f) Distintivo branco de permanencia de 15 anos de servizo na unidade.

g) Distinción honorífica.

Tamén se recolle un distintivo de pertenza á unidade, que se concederá ao persoal que leve 2 anos de servizo nela, no cal se integrarán as barras de cores correspondentes aos distintivos de permanencia de 25, 20 e 15 anos.

Resulta preciso determinar, xa que logo, o deseño e características destas condecoracións, distintivos e distincións honoríficas, así como os correspondentes pasadores e insignias de lapela e, asemade, os diplomas acreditativos destes, polo que é necesario ditar unha norma que recolla estes aspectos..

A disposición derradeira primeira do citado decreto autoriza a persoa titular da consellería competente en materia de seguridade e interior para ditar cantas disposicións resulten necesarias para o desenvolvemento do dito decreto, polo que, na súa virtude, en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO

Artigo único.

1. Apróbanse as descricións técnicas, os deseños e os diplomas ou certificados documentais, que as acreditan colectiva ou individualmente, das seguintes distincións:

a) Cruz de ouro da Xunta de Galicia ao mérito policial.

b) Cruz de prata da Xunta de Galicia ao mérito policial.

c) Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial.

d) Distintivo de permanencia e barra azul de 25 anos de servizo na unidade.

e) Distintivo de permanencia e barra amarela de 20 anos de servizo na unidade.

f) Distinto de permanencia e barra branca de 15 anos de servizo na unidade.

g) Distinción honorífica.

2. Estas descricións figuran como anexos a esta orde, relacionados da seguinte forma:

Anexo I. Cruz de ouro da Xunta de Galicia ao mérito policial: condecoración, pasador, miniatura para lapela e para gran gala.

Anexo II. Cruz de prata da Xunta de Galicia ao mérito policial: condecoración, pasador, miniatura para lapela e para gran gala.

Anexo III. Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial: condecoración, pasador, miniatura para lapela e para gran gala.

Anexo IV. Diplomas para as respectivas cruces.

Anexo V. Distintivo básico de permanencia, barras de permanencia de 15, 20 e 25 anos e diplomas correspondentes.

Anexo VI. Distinción honorífica: placa, medalla ou gravata. Pasador, miniatura para lapela e para gran gala, e diplomas correspondentes.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela,15 de setembro de 2016

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I
Cruz de ouro da Xunta de Galicia ao mérito policial: condecoración, pasador, miniatura para lapela e gran gala

missing image file

1. Condecoración: No seu anverso levará o escudo de Galicia, de ouro na súa totalidade, incluíndo coroa real pechada. Acolada a este, unha cruz alargada ou patada de brazos triangulares isósceles, de 23 mm na súa base e 20 mm de altura, esmaltada en vermello e fileteada de ouro. Entre os brazos desta, unha lufada de ouro.

No seu reverso sobre a cruz lisa, levará un círculo de 10 mm de raio, esmaltado en vermello e fileteado en ouro, que contén catro feixes de tres follas de loureiro de ouro unidas polos seus talos e a lenda «AO MÉRITO POLICIAL» en letras tamén de ouro.

No brazo superior a cruz levará unha argola para prender a súa cinta.

O tamaño total da condecoración, sen a cinta e sen a argola que a suxeita a esta, será de 40 mm de largo e 40 mm de alto.

A cinta de que se ha de levar pendente será de 30 mm de largo, dividida en tres partes no sentido vertical, coa central de 15 mm e de cor branca e as laterais de 7,5 mm e de cor azul. A súa lonxitude será tamén de 30 mm.

2. Pasador. Estará constituído pola cinta coas cores descritas, de 30 mm de lonxitude por 10 mm de largo, montada sobre un armazón de metal dourado e enmarcada por dúas barras laterais do devandito metal de 2 mm de largo e 12 mm de longo cada unha. No centro da franxa branca levará o escudo raso de Galicia, de ouro, de 7 mm de largo e 8,5 mm de alto. Na súa parte posterior levará un sistema de suxeición adecuado para poder fixalo ao uniforme.

3. Miniatura para lapela e para gran gala. Para o seu uso na lapela levará unha reprodución en miniatura da cruz a un tamaño total de 16 mm, cun sistema de suxeición que permita o seu emprego tanto sobre un ollal como sobre o tecido.

Para o seu uso no uniforme de gran gala fornecerase unha miniatura como a anteriormente descrita, prendida dunha cinta coa distribución de cores respectiva, pero cun largo total de 10 mm.

Características cromáticas da condecoración:

Elemento

Cor

Código CMYK

Cruz de ouro

Vermella

15/100/90/10

Ouro

Acabamento brillante

Cinta

Branco

0/0/0/0

Azul

85/50/0/0

ANEXO II
Cruz de prata da Xunta de Galicia ao mérito policial: condecoración, pasador, miniatura para lapela e gran gala

1. Condecoración. No seu anverso levará o escudo de Galicia, de prata na súa totalidade, incluíndo coroa real pechada. Acolada a este, unha cruz alargada ou patada de brazos triangulares isósceles, de 23 mm na súa base e 20 mm de altura, esmaltada en azul e fileteada de prata. Entre os brazos desta, unha lufada de ouro.

No seu reverso, sobre a cruz lisa levará un círculo de 10 mm de raio, esmaltado en azul e fileteado en prata, que contén catro feixes de tres follas de loureiro de prata unidas polos seus talos e a lenda “AO MÉRITO POLICIAL” en letras tamén de prata.

No brazo superior a cruz levará unha argola para prender a súa cinta.

O tamaño total da condecoración sen a cinta e sen a argola que a suxeita a esta será de 40 mm de largo e 40 mm de alto.

A cinta de que se ha de levar pendente será de 30 mm de largo, dividida en tres partes no sentido vertical, coa central de 15 mm e de cor branca, e as laterais de 7,5 mm e de cor azul. A súa lonxitude será tamén de 30 mm.

missing image file

2. Pasador. Estará constituído pola cinta coas cores descritas, de 30 mm de lonxitude por 10 mm de largo, montada sobre un armazón de metal dourado e enmarcada por dúas barras laterais do devandito metal de 2 mm de largo e 12 mm de longo cada unha. No centro da franxa branca levará o escudo raso de Galicia, de prata, de 7 mm de largo e 8,5 mm de alto. Na súa parte posterior levará un sistema de suxeición adecuado para poder fixalo ao uniforme.

3. Miniatura para lapela e para gran gala. Para o seu uso na lapela levará unha reprodución en miniatura da cruz a un tamaño total de 16 mm, cun sistema de suxeición que permita o seu emprego tanto sobre un ollal como sobre o tecido.

Para o seu uso no uniforme de gran gala fornecerase unha miniatura como a anteriormente descrita, prendida dunha cinta coa distribución de cores respectiva, pero cun largototal de 10 mm.

Características cromáticas da condecoración:

Elemento

Cor

Código CMYK

Cruz de prata

Azul

100/100/0/0

Prata

Acabamento brillante

Cinta

Branco

0/0/0/0

Azul

85/50/0/0

ANEXO III
Cruz de bronce da Xunta de Galicia ao servizo policial: condecoración, pasador, miniatura para lapela e gran gala

1. Condecoración. No seu anverso levará o escudo de Galicia, de bronce na súa totalidade, incluíndo coroa real pechada. Acolada a este, unha cruz alargada ou patada de brazos triangulares isósceles, de 23 mm na súa base e 20 mm de altura, esmaltada en branco e fileteada de bronce. Entre os brazos desta, unha lufada de ouro.

No seu reverso, sobre a cruz lisa levará un círculo de 10 mm de raio, esmaltado en branco e fileteado en bronce, que contén catro feixes de tres follas de loureiro de bronce unidas polos seus talos e a lenda “AO SERVIZO POLICIAL” en letras tamén de bronce.

Na parte superior de cruz levará unha argola para suxeitar a cinta.

O tamaño total da condecoración sen a cinta e sen a argola que a suxeita a esta será de 40 mm de largo e 40 mm de alto.

A cinta de que ten que ir pendente será de 30 mm de largo, dividida en tres partes no sentido vertical, coa central de 15 mm e de cor branca e as laterais de 7,5 mm e de cor azul. A súa lonxitude será tamén de 30 mm.

missing image file

2. Pasador. Estará constituído pola cinta coas cores descritas, de 30 mm de lonxitude por 10 mm de largo, montada sobre un armazón de metal dourado e enmarcada por dúas barras laterais do devandito metal de 2 mm de largo e 12 mm de longo cada unha. No centro da franxa branca levará o escudo raso de Galicia, de bronce, de 7 mm de largo e 8,5 mm de alto. Na súa parte posterior levará un sistema de suxeición adecuado para poder fixalo ao uniforme.

3. Miniatura para lapela e para gran gala. Para o seu uso na lapela levará unha reprodución en miniatura da cruz a un tamaño total de 16 mm, cun sistema de suxeición que permita o seu emprego tanto sobre un ollal como sobre o tecido.

Para o seu uso no uniforme de gran gala fornecerase unha miniatura como a anteriormente descrita, prendida dunha cinta coa distribución de cores respectiva, pero cun largo total de 10 mm.

Características cromáticas da condecoración:

Elemento

Cor

Código CMYK

Cruz de bronce

Branco

0/0/0/0

Bronce

Acabamento brillante

Cinta

Branco

0/0/0/0

Azul

85/50/0/0

ANEXO IV
Diplomas para as respectivas cruces

Tamaño do papel

A3 (297×420 mm)

Orientación

Horizontal

Gramaxe

300 gr

Acabamento

Brillante

O diploma, segundo a imaxe que se anexa, irá reberetado en todo o seu contorno por unha cuádrupla cenefa de cor ouro, prata ou bronce segundo corresponda á categoría da cruz concedida, e que irá situada a 25 mm do bordo do soporte material do documento. Fóra desta cenefa, no ángulo inferior dereito, levará o número de rexistro do diploma.

O documento incluirá, ademais, xa dentro do contorno da cenefa, os seguintes elementos gráficos coas características que se sinalan:

Elemento gráfico

Cor

Código CMYK

Medidas

Ubicación

Cruz de ouro

Segundo a configuración cromática de cada condecoración

50 × 50 mm

Encabezamento; parte superior central

Cruz de prata

Cruz de bronce

Cinta

Azul

85/50/0/0

350 × 22 mm

Tras a cruz

Branco

0/0/0/0

Cruz (marca de auga)

Gris

0/0/0/10

140 × 140 mm

Tras o texto

missing image file

O texto dos diplomas, distribuído segundo figura na imaxe anexa, observará as seguintes tipografías e dimensións:

Texto

Tipografía

Tamaño

(Denominación do cargo da autoridade superior que outorga o diploma/ Denominación del cargo de la autoridad superior que otorga el diploma)

Helvetica Neue Light

19 pt

en uso das atribucións que lle están legalmente conferidas, resolve outorgar a / en uso de las atribuciones que le están legalmente conferidas, resuelve otorgar la

14 pt

Cruz de [Ouro / Prata / Bronce] da Xunta de Galicia ao [Mérito Policial / Servizo Policial] / Cruz de [Oro / Plata / Bronce] de la Xunta de Galicia al [Mérito Policial / Servicio Policial]

Myriad Pro Bold Condensed

45 pt

a

Helvetica Neue Light

14 pt

[Nome do receptor da cruz]

[Nombre del receptor de la cruz]

Myriad Pro Bold Italic

45 pt

con DNI [DNI do receptor da cruz]

Helvetica Neue Light

19 pt

Por concorrer todos os requisitos establecidos no Decreto 122/2016, do 8 de setembro / Por concurrir todos los requisitos establecidos en el Decreto 122/2016, de 8 de septiembre

Helvetica Neue Light

14 pt

[Lugar e data] [Lugar y fecha]

Denominación do cargo da autoridade /

Denominación del cargo de la autoridad

[Nome e apelidos da autoridade]

NÚM. de rexistro [0000000000]

Myriad Pro Regular

8 pt

missing image file

missing image file

ANEXO V
Distintivo básico de permanencia, barras de permanencia de 15, 20 e 25 anos e diplomas correspondentes

missing image filemissing image file

Barra de permanencia

Corpo do distintivo

1. Distintivo. O anverso do distintivo, segundo o deseño anexo, será o seguinte: sobre un campo de prata, un cáliz de azur sumado dunha hostia e acompañado por sete cruces do mesmo; ao timbre, coroa real pechada de prata.

Rodeando o escudo, unha orla de azur fileteada de prata, coa lenda “UNIDADE DE POLICÍA ADSCRITA” en letras tamén de prata.

O reverso será liso e incorporará un sistema de suxeición apropiado para o conxunto, así como tamén un dobre sistema de suxeición da rosca pasante en ambos os laterais inferiores para as barras adicionais.

missing image file

Medidas. As medidas do conxunto serán de 40 mm de largo e 57 mm de alto.

Cores e esmaltes. Serán os seguintes:

Cor

Código CMYK

Prata

Acabamento brillante

Azul

100/90/39/43

2. Barras. As barras simbolizan os 15, 20 ou 25 anos de permanencia na unidade. Levarán no seu reverso un sistema de suxeición da rosca pasante que permita unilas mediante parafusos á base inferior do conxunto.

Medidas e cores. As barras serán das seguintes cores dependendo da permanencia no servizo que recoñezan:

Antigüidade

Medidas

Cor

Código CMYK

15 anos

25 × 3,5 mm

Branco

0/0/0/0

20 anos

Amarelo

0/10/95/0

25 anos

Azul

85/50/0/0

3. Diplomas do distintivo.

3.1. Diploma de concesión do distintivo básico aos 2 anos de permanencia na Unidade do Corpo Nacional de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia

a) Características técnicas do papel:

Tamaño do papel

A4 (210 × 297 mm)

Orientación

Horizontal

Gramaxe

300 gr

Acabamento

Brillante

missing image file

O diploma, segundo a imaxe que se anexa, irá reberetado en todo o seu contorno por unha tripla cenefa de cor prata, que irá situada a 8 mm do bordo do soporte material do documento. Fóra desta cenefa, no ángulo inferior dereito, levará o número de rexistro do diploma.

b) Do mesmo xeito o diploma incluirá, xa dentro do contorno da cenefa, na súa parte superior central a reprodución do distintivo nas súas cores e dimensións xa descritas, así como o texto que se recolle, coas seguintes características:

Texto

Tipografía

Tamaño

Por concorrer en / Por concurrir en

Helvetica Neue Condensed

14 pt

[Nome do receptor do distintivo]

Myriad Pro Bold Italic

30 pt

[DNI do receptor do distintivo]

Helvetica Neue Condensed

13 pt

todos os requisitos establecidos na lexislación vixente, teño a ben concederlle mediante o presente diploma o dereito ao uso do / todos los requisitos establecidos en la legislación vigente, tengo a bien concederle mediante el presente diploma el derecho al uso del

14 pt

Distintivo de Permanencia

Myriad Pro Bold

30 pt

na Unidade do Corpo Nacional de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, regulado polo Decreto 122/2016, do 8 de setembro. / en la Unidad del Cuerpo Nacional de Policía Adscrita a la Comunidad Autónoma de Galicia, regulado polo Decreto 122/2016, de 8 de septiembre.

Helvetica Neue Condensed

14 pt

[Lugar e data]

12 pt

[Lugar y fecha]

11 pt

[Cargo da autoridade que outorga]

12 pt

[Cargo de la autoridad que otorga]

11 pt

[Nome e apelidos da autoridade que outorga]

12 pt

NÚM. de rexistro [0000000000]

Myriad Pro Regular

8 pt

c) O deseño tamén incluirá o logotipo da Xunta de Galicia, colocado tras o texto e en cor gris, a modo de marca de auga, coas seguintes características:

Medidas

Cor

Código CMYK

75 × 107 mm

Gris

0/0/0/10

3.2. Diplomas de recoñecemento de 15, 20 e 25 anos de servizo.

a) Características técnicas do papel:

Tamaño do papel

A4 (210 × 297 mm)

Orientación

Horizontal

Gramaxe

300 gr

Acabamento

Brillante

missing image file

missing image file

missing image file

Cada diploma, segundo as anteriores imaxes, irá reberetado en todo ou seu contorno por unha tripla cenefa de cor prata, que irá situada a 8 mm do bordo do soporte material do documento. Fóra desta cenefa, no ángulo inferior dereito, levará o número de rexistro do diploma.

b) Do mesmo xeito, o diploma incluirá, xa dentro do contorno da cenefa, na súa parte superior central a reprodución do distintivo nas súas cores e dimensións xa descritas, así como o texto que se recolle, coas seguintes características:

Texto

Tipografía

Tamaño

Por concorrer en / Por concurrir en

Helvetica Neue Condensed

14 pt

[Nome do receptor do distintivo]

Myriad Pro Bold Italic

30 pt

[DNI do receptor do distintivo]

Helvetica Neue Condensed

13 pt

todos os requisitos establecidos na lexislación vixente, teño a ben concederlle mediante o presente diploma o dereito ao uso, no seu distintivo de permanencia, da barra de / todos los requisitos establecidos en la legislación vigente, tengo a bien concederle mediante el presente diploma el derecho al uso, en su distintivo de permanencia, de la barra de

14 pt

[15/20/25] anos de servizo

Myriad Pro Bold

26 pt

[15/20/25] años de servicio

22 pt

na Unidade do Corpo Nacional de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, á que lle corresponde a cor [BRANCA/AMARELA/AZUL]. / en la Unidad del Cuerpo Nacional de Policía Adscrita a la Comunidad Autónoma de Galicia, a la que le corresponde el color [BLANCO/AMARILLO/AZUL].

Helvetica Neue Condensed

14 pt

[Lugar e data]

12 pt

[Lugar y fecha]

11 pt

[Cargo da autoridade que outorga]

12 pt

[Cargo de la autoridad que otorga]

11 pt

[Nome da autoridade que outorga]

12 pt

NÚM. de rexistro [0000000000]

Myriad Pro Regular

8 pt

c) O diploma incluirá unha reprodución da barra concedida, coas seguintes características:

Medidas

Cor

Código CMYK

Ubicación

40 × 5,5 mm

Branco

0/0/0/0

Centrada, sobre [Lugar e data] e [Cargo da autoridade que outorga]

Amarelo

0/10/95/0

Azul

85/50/0/0

d) O deseño tamén incluirá o logotipo da Xunta de Galicia, colocado tras o texto e en cor gris, a modo de marca de auga, coas seguintes características:

Medidas

Cor

Código CMYK

75 × 107 mm

Gris

0/0/0/10

ANEXO VI
Distinción honorífica: placa, medalla ou gravata. Pasador, miniatura para lapela e para gran gala, e diplomas correspondentes

1. Condecoración.

A medalla: no seu anverso levará o escudo de Galicia, de ouro na súa totalidade, incluíndo coroa real pechada. Acolada a este, unha cruz alargada ou patada de brazos triangulares isósceles, de 23 mm na súa base e 20 mm de altura, esmaltada en branco e fileteada de prata. A cruz orlada de dúas ramas de loureiro de prata unidas polos seus extremos inferiores sobre un fondo tamén de prata.

O seu reverso será liso.

Na parte superior a medalla levará unha argola para prender a cinta.

O tamaño total da condecoración sen a cinta e sen a argola que a suxeita a esta será de 40 mm de largo e 40 mm de alto.

A cinta de que ten que ir pendente será de 30 mm de largo, dividida en tres partes no sentido vertical, coa central de 15 mm e de cor branco e as laterais de 7,5 mm e de cor azul. A súa lonxitude será tamén de 30 mm.

missing image file

2. Pasador. Estará constituído pola cinta coas cores descritas, de 30 mm de lonxitude por 10 mm de largo, montada sobre unha armazón de metal dourado e enmarcada por dúas barras laterais do devandito metal de 2 mm de largo e 12 mm de longo cada unha. Na súa parte posterior levará un sistema de suxeición adecuado para poder fixalo ao uniforme.

3. Miniatura para lapela e para gran gala. Para o seu uso na lapela levará unha reprodución en miniatura da medalla a un tamaño total de 17 mm de largo e 16 mm de alto, cun sistema de suxeición que permita o seu emprego tanto sobre un ollal como sobre o tecido.

Para o seu uso no uniforme de gran gala fornecerase unha miniatura coma a anteriormente descrita, prendida dunha cinta coa distribución de cores respectiva pero cun largo total de 10 mm.

4. Placa. Estará formada por unha base de madeira de nogueira, vernizada en cor escura, cunhas dimensións de 400 mm de largo e 250 mm de alto, sobre a cal irá fixada unha placa de metal prateado de acabamento brillante de 370 mm de largo e 220 mm de alto.

Sobre a placa de metal irá troquelada na súa marxe superior esquerda a lenda “XUNTA DE GALICIA” cos caracteres tipográficos propios da súa imaxe corporativa nun tamaño de conxunto de 150 mm de largo e 50 mm de alto; á súa dereita, a condecoración da distinción honorífica a un tamaño de 80 mm de largo e 80 mm de alto.

Baixo elas irá gravado no metal o texto que figura na imaxe coas seguintes características:

missing image file

Texto

Tipografía

Tamaño

Distinción Honorífica

Myriad Pro Bold

60 pt

concedida en atención aos méritos contraídos pola súa colaboración e apoio á Unidade do Corpo Nacional de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia por

Helvetica Neue Bold Condensed

24 pt

[NOME DA UNIDADE, CENTRO OU ORG.]

Myriad Pro Bold

50 pt

Santiago de Compostela, [dd] de [mes] de [aaaa]

Helvetica Neue Bold Condensed

24 pt

No seu reverso contará con dous sistemas de fixación, un para poder suspender a placa en vertical e outro para apoiala nunha superficie horizontal.

5. Gravata. A gravata correspondente confeccionarase sobre unha banda de seda de cor branca de 80 mm de largo e 1500 mm de longo, rematada nos seus extremos con flocos prateados de 50 mm de longo e dividida en tres franxas lonxitudinais: a central, de cor branca, de 40 mm de largo; as dúas laterais, de cor azul, de 20 mm de largo.

Nun dos extremos, e a 80 mm deste, levará bordada a imaxe da condecoración da distinción honorífica cunhas dimensións de 60 mm de largo e 60 mm de alto; 20 mm por debaixo da condecoración levará bordado o nome da unidade, centro ou organismo receptor da gravata; e 20 mm por debaixo do nome levará tamén bordada a data de concesión da condecoración.

A gravata irá suxeita á punta de lanza da bandeira ou estandarte cunha lazada, cos dous extremos da gravata caendo 500 mm a cada lado.

missing image file

6. Diploma.

Tamaño do papel

A3 (297 x 420 mm)

Orientación

Horizontal

Gramaxe

300 gr

Acabamento

Brillante

O diploma, segundo a imaxe que se anexa, irá reberetado en todo o seu contorno por unha cuádrupla cenefa de cor prata, que irá situada a 25 mm do bordo do soporte material do documento. Fóra desta cenefa, no ángulo inferior dereito, levará o número de rexistro do diploma.

O documento incluirá, ademais, xa dentro do contorno da cenefa, os seguintes elementos gráficos coas características que se sinalan:

Elemento gráfico

Cor

Código CMYK

Medidas

Situación

Distinción Honorífica

Segundo a configuración cromática descrita para a condecoración

55 x 55 mm

Encabezamento; parte superior central

Cinta

Azul

85/50/0/0

350 x 22 mm

Tras a condecoración

Branco

0/0/0/0

Distinción honorífica

(marca de auga)

Gris

0/0/0/10

145 x 145 mm

Tras o texto

O texto do diploma, distribuído segundo figura na imaxe anexa, observará as seguintes tipografías e dimensións:

Texto

Tipografía

Tamaño

Denominación do cargo da autoridade superior que outorga o diploma/Denominación del cargo de la autoridad superior que otorgael diploma

Helvetica Neue Light

19 pt

en uso das atribucións que lle están legalmente conferidas, resolve outorgar a / en uso de las atribuciones que le están legalmente conferidas, resuelve otorgar la

14 pt

Distinción Honorífica

Myriad Pro Bold Condensed

60 pt

a

Helvetica Neue Light

14 pt

[Nome do receptor da condecoración]

[Nombre del receptor de la condecoración]

Myriad Pro Bold Italic

60 pt

con DNI [DNI do receptor da condecoración]

con DNI [DNI del receptor de la condecoración]

Helvetica Neue Light

19 pt

Por concorrer todos os requisitos establecidos no Decreto 122/2016, do 8 de setembro / Por concurrir todos los requisitos establecidos en el Decreto 122/2016, de 8 de septiembre

Helvetica Neue Light

14 pt

[Lugar e data]

[Lugar y fecha]

[Denominación do cargo da autoridade ]

[Denominación del cargo de la autoridad]

[Nome e apelidos da autoridade]

14 pt

NÚM. de rexistro [0000000000]

Myriad Pro Regular

8 pt

missing image file