Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2016 Páx. 43000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2007/2 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución recaída nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles de que, de non interpoñer recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 5 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente nº: RL 2007/2-1.

Acta inf. nº: 1743/6.

Empresa: Construcciones RS, S.L.

NIF: G15882442.

Concello: A Coruña (A Coruña).

Materia: prevención de riscos laborais.

Data da resolución: 11 de agosto de 2016.

2. Expediente nº: RL 2007/2-1.

Acta inf. nº: 1743/6.

Empresa: V62 Interiorismo, S.L.

NIF: B15750565.

Concello: A Coruña (A Coruña).

Materia: prevención de riscos laborais.

Data da resolución: 11 de agosto de 2016.

3. Expediente nº: RL 2016/39-1.

Acta inf. nº: I152015000149238.

Empresa: Metalúrgicas Bierzo, S.L.

NIF: B24661589.

Concello: Ponferrada (León).

Materia: prevención de riscos laborais.

Data da resolución: 10 de xuño de 2016.

4. Expediente nº: RL 2016/87-1.

Acta inf. nº: I152016000011090.

Empresa: Maderas Pita, S.L.

NIF: B15446115.

Concello: Ferrol (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 29 de xullo de 2016.

5. Expediente nº: RL 2016/119-1.

Acta inf. nº: I152016000021400.

Empresa: José Antonio Seijo Sánchez.

NIF: 76325556X.

Concello: Bergondo (A Coruña).

Materia: obstrución.

Data da resolución: 16 de agosto de 2016.