Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2016 Páx. 42966

IV. Oposicións e concursos

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2016 pola que se resolve o concurso de traslados 1/2015 para persoal laboral fixo.

Segundo o establecido na disposición adicional segunda do Decreto 360/1998, do 4 de decembro, anúnciase que a Dirección Xeral do Cixtec ditou Resolución do 2 de setembro de 2016 pola que se resolve definitivamente a convocatoria do concurso de traslados 1/2015, para a provisión de postos de traballo neste centro. A asignación das prazas desa convocatoria están á disposición dos interesados nas dependencias do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec), situado na rúa Domingo Fontán nº 9, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable