Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43087

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se inscribe a Hermandad de Caballeros Apóstol Santiago no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos:

A Hermandad de Caballeros Apóstol Santiago, con domicilio social na avda. Vitacura nº 7401 de Santiago de Chile, representada por Francisco Javier de Almozara Valenzuela, solicitou ser inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 11 de xullo de 2016.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febrero), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito:

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

• Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• Decreto 45/2001, do 1 de febrero, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que para a súa inscrición no rexistro, as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste.

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 18 de xullo de 2016 sobre a solicitude, no cal se constata que a Hermandad de Caballeros Apóstol Santiago persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febrero. Por iso,

RESOLVO:

Que a Hermandad de Caballeros Apóstol Santiago quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 213.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2016

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura