Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2016 Páx. 43069

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Orde do 6 de setembro de 2016 pola que se convoca o Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación elaborados desde distintas perspectivas de estudo, que teña como obxecto a Administración pública de Galicia.

BDNS (Identif.): 317371.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán participar nesta convocatoria tanto as persoas individuais como os grupos de traballo formados para o efecto. Neste último caso, acreditarase a persoa física responsable da dirección do grupo e a porcentaxe de participación de cada integrante do grupo de traballo premiado.

Segundo. Obxecto

Traballos de investigación e estudo sobre a Administración pública de Galicia desde unha perspectiva xurídica, sociolóxica ou económica.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 6 de setembro de 2016 pola que se convoca o Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación elaborados desde distintas perspectivas de estudo, que teña como obxecto a Administración pública de Galicia.

Cuarto. Importe

A dotación económica do premio é de 3.500 euros, que estará suxeita á correspondente retención fiscal e aboarase con cargo á dotación prevista na partida 05.80.122B.4800 dos orzamento da EGAP para 2016. Tamén se lle entregará á persoa ou grupo gañador un diploma acreditativo de tal condición.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 de outubro e o 30 de novembro de 2016.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza