Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43256

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (613/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de César Valeiras Jiménez contra Newco Airports Services, S.A., Comisión de Seguimento do ERE, Fondo de Garantía Salarial, Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea AENA, Juan Rafael Rial Souto, Severino Mallo Nieto, Fernando Pombo Mallo e Javier Ramos, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 613/2013, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Newco Airports Services, S.A. e a Comisión de Seguimento do ERE, en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 26 de setembro de 2016, ás 9.30 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio na rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lles sirva de citación a Newco Airports Services, S.A. e á Comisión de Seguimento do ERE, expídese este edicto para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza