Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43327

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2016 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados no segundo cuadrimestre do ano 2016.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no segundo cuadrimestre do ano 2016 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da

sinatura

Achega de

Portos de Galicia

Portos de Galicia, Axencia Turismo de Galicia e a Secretaría Xeral de Presidencia

Promoción e desenvolvemento do turismo e actividades náuticas

20.4.2016

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Foz

Conservación e mantemento de iluminación pública nos paseos marítimos do porto de Foz

23.6.2016

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Vilaboa

Ampliación e mellora da rede municipal de saneamento en Santradán-Santo Adrán de Cobres 2015, no dominio público portuario de Santo Adrán de Cobres

7.7.2016

Non ten

Portos de Galicia e Club Náutico San Vicente do Mar

Organización do II Rallye La Baule (Francia) e Pedras Negras (Galicia) para barcos clásicos e de época

22.7.2016

11.000 €

Portos de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa

Execución das actuacións de mellora da rede de saneamento municipal do Carril e da nova estación de bombeo do Carril, no dominio público portuario do Carril

8.8.2016

Non ten