Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración da ampliación da plataforma de protección ante ataques de denegación de servizo da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 24/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e implantación da ampliación da plataforma de equipamento de protección ante ataques de denegación de servizo con que conta actualmente a Xunta de Galicia, co obxectivo fundamental de mellorar as características de dispoñibilidade desta.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 18.4.2016.

DOUE: 15.4.2016.

BOE: 26.4.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 743.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 743.000,00 € máis 156.030,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 899.030,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 22.7.2016.

b) Data de formalización do contrato: 31.8.2016.

c) Contratista: Emetel Sistemas, S.L.

d) Importe de adxudicación: 736.980,24 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

missing image file