De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución de incoación de expediente de exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial de Lugo, sita en rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.
Lugo, 11 de agosto de 2016
José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
Nome e apelidos |
NIF/pasaporte |
|
LU-151/2016 |
Inés María Leal Tomás |
52794198-K |


