Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43524

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de información pública do expediente de delimitación no ámbito do núcleo rural de Campo Grande, Vilas, parroquia de Morgadáns.

De conformidade co disposto no artigo 78.2.a) da Lei do solo de Galicia, do 10 de febreiro, exponse a información pública o expediente de delimitación do ámbito do núcleo rural de Campo Grande, no lugar de Vilas na parroquia de Morgadáns, deste termo municipal subscrito polo arquitecto municipal José Antonio Álvarez Álvarez e incoado por petición do concelleiro de Urbanismo.

O expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar no Negociado de Urbanismo do Departamento Municipal de Urbanismo e Medio Ambiente en horario das 8.30 ás 14.00 horas de oficina, e formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes.

Gondomar, 12 de febreiro de 2016

O alcalde
P.D. (Resolución do 16.9.2015)
Xosé Antonio Araúxo Quintas
Concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda