Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43872

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (122/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 122/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Ecoservicios y Bioconstrucción Atlas, S.L., sobre ordinario, se ditou a Resolución do 5 de setembro de 2016 en que se dispón:

Despachar orde xeral de execución da Sentenza ditada con data do 22 de outubro de 2015 no procedemento ordinario seguido perante este xulgado co número de autos 160/2015 a favor da parte executante, Fundación Laboral de la Construcción, contra Ecoservicios y Bioconstrucción Atlas, S.L., parte executada, por importe de 1.002,34 euros de principal e de 100,23 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Ecoservicios y Bioconstrucción
Atlas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza