Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación documentalmente simplificada da obra de ampliación do comedor do CEIP Mestre Valverde Mayo (Mos) (expediente 2016/10/129).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Programación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra de ampliación do comedor do CEIP Mestre Valverde Mayo (Mos).

b) Lugar de execución: Mos (Pontevedra).

c) Prazo de execución: 3 meses.

d) Clasificación: non se exixe.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: co único criterio do prezo máis baixo.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado: 297,500,00 €.

b) IVE: 62.475,00 €.

c) Importe total: 359.975,00 €.

5. Garantía provisional: 2 % do importe do orzamento base de licitación (IVE excluído) (5.950,00 €).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra.

b) Enderezo: rúa Fernández Ladreda, 43, 8º andar, Pontevedra.

c) Teléfono: 986 80 59 06.

d) Poderanse consultar e/ou obter o prego de cláusulas administrativas particulares e o correspondente cadro de especificacións, así como a información relativa a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=61355

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de trece (13) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

i) Entidade: Rexistro do Edificio Administrativo de Pontevedra da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (986 80 59 37) no mesmo día.

ii) Enderezo: rúa Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra.

b) Enderezo: rúa Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra.

c) A apertura dos sobres B publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 30 de agosto de 2016

César Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra