Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, da subministración de catro vehículos tipo monovolume para a Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA), mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 60 15 e 981 54 60 17 e información de índole administrativa: 981 54 42 59 e 981 54 45 17.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es e jose.antonio.fernandez.lopez@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=61838

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes.

d) Número do expediente: 2016-SUEI 05-EM.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración de catro vehículos tipo monovolume para a Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades:

– Lotes: non leva lotes.

– Número de unidades: 4.

d) Lugar e prazo de execución: axustaranse ao indicado na letra M da folla de especificacións.

e) Admisión de prórroga: o contrato non será susceptible de prórroga.

f) CPV: 34100000-8-vehículos de motor.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 71.746,40 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 71.746,40 €.

Importe total: 86.813,15 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe do orzamento base de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o decimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día for inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, télex, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: indicarase no perfil do contratante unha vez publicado este anuncio.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público, ás 12.00 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións, de coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza