Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43975

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de licitación para a subministración dunha máquina varredora.

Aprobado por Resolución da Alcaldía do 8 de agosto de 2016 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para adxudicar o contrato de subministración dunha máquina varredora para o Concello da Guarda, de acordo coa subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2016, expóñense ao público durante oito (8) días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resulta necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora: Concello da Guarda.

Praza do Reló, s/n, 36780. Teléfono: 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.

Correo electrónico: alcaldia@aguarda.es.

Perfil do contratante municipal: www.aguarda.es.

Obxecto do contrato: subministración dunha máquina varredora para o Concello da Guarda.

Prazo de entrega: quince días hábiles desde a formalización do contrato.

Tipo de licitación: 72.600 euros, IVE incluído (respecto do que se admiten baixas).

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

Garantías:

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: o adxudicatario, como requisito previo e necesario para a formalización do contrato, deberá constituír a garantía definitiva a que se refire o artigo 95 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, por importe equivalente ao 5 por 100 do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, por medio de calquera das formas previstas no artigo 96 e segundo o estipulado no artigo 97 do TRLCSP en canto ao réxime das garantías prestadas por terceiros.

Solvencia económica: volume anual de negocios por importe igual ou superior ao exixido na licitación.

Solvencia técnica: relación das principais subministracións efectuadas durante os cinco últimos anos, indicando o seu importe, datas e o destinatario, público ou privado, delas (o valor mínimo exixido das subministracións efectuadas terá un importe igual ou superior ao tipo de licitación da presente contratación, segundo o artigo 77.3 do TRLCSP).

Exame do expediente: os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, excepto sábados e festivos, ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral deste Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP e no DOG, na forma sinalada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día do prazo de presentación de ofertas é inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a cualificación da documentación xeral pola mesa de contratación terá lugar no Concello da Guarda ás 9.00 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel que termine en prazo para a presentación de proposicións. Ás 9.00 horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación procederá en acto público á apertura das ofertas económicas e técnicas presentadas. Para estes efectos, se tales días son sábado o acto terá lugar o día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Guarda, 2 de setembro de 2016

Antonio Lomba Baz
Alcalde