Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2016 pola que se anuncia a licitación dun contrato de subministración de diverso material informático.

A Comisión de Goberno deste Consello de Contas, por Acordo do 16 de setembro do presente ano, dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de subministración de diverso material informático, co detalle que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral.

2º. Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

4º. Teléfono: 981 54 22 16.

5º. Telefax: 981 54 22 10.

6º. Correo electrónico: secret@ccontasgalicia.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.consellodecontas.es/gl/menus-consello/consello/perfil-do-contratante

8º. Data límite de obtención da documentación e información: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio.

d) Número de expediente: 16/76.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de 25 ordenadores de sobremesa, 40 ordenadores portátiles de gama empresarial, dotados coas súas respectivas estacións de acoplamento e bolsa de transporte; 70 monitores de 23” e 50 teclados e ratos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades:

Lote 1: ordenadores de sobremesa (25), monitores de 23” (70) e teclados e ratos (50 unidades de cada).

Lote 2: ordenadores portátiles de gama empresarial (40), con estación de acoplamento e bolsa de transporte.

d) Lugar de entrega:

1º. Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

e) Prazo de execución: dez días para un ordenador de sobremesa e outro portátil. Un mes para os restantes bens.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 30213000-5, 30213100-6, 30231310-3, 30237460-1 e 30237410-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios.

c) Criterio de adxudicación:

1º. Lote 1: prezo (0-60 puntos), rendemento dos ordenadores (ata 20 puntos), ampliación do período de garantía (ata 20 puntos).

2º. Lote 2: prezo (0-50 puntos), rendemento dos portátiles (ata 20 puntos), ampliación do período de garantía (ata 20 puntos), duración da batería (ata 10 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 81.475 euros. Lote 1: 35.075 euros, lote 2: 46.400 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 81.475 euros. IVE (21 %): 17.109,75 euros. Importe total: 98.584,75 euros:

1º. Lote 1: importe neto: 35.075 euros. IVE (21 %): 7.365,75 euros. Importe total: 42.440,75 euros.

2º. Lote 2: importe neto 46.400 euros. IVE (21 %): 9.744 euros. Importe total: 56.144 euros.

6. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Documentación acreditativa da capacidade de obrar do empresario, da súa habilitación e, de ser o caso, da súa representación.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional:

1º. Solvencia económica e financeira: volume anual de negocios do licitador, referido ao ano de maior volume de entre os tres últimos exercicios rematados, que deberá de ser igual ou superior a 1,5 veces o valor estimado dos lotes a que opte.

2º. Solvencia técnica e profesional: relación das subministracións realizadas nos últimos cinco anos, correspondentes ao mesmo tipo ou natureza que os do obxecto contractual, atendendo para tal efecto aos dous primeiros díxitos dos respectivos códigos CPV. A declaración avalarase mediante certificados de boa execución correspondentes ao exercicio de maior execución e será necesario que o total dos importes consignados sexa igual ou superior a 24.552,50 euros para o lote 1 e a 32.480 para o lote 2.

c) A acreditativa de se atopar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio. De coincidir o último día do prazo de presentación en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: por escrito. No lugar que se indica a continuación ou por correo (artigo 80 do RXLCAP).

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Consello de Contas.

2º. Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

1º. Sobre A: en acto non público, cualificación documental. Antes do décimosegundo día seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións.

2º. Sobre B: en acto público, proposicións. Antes do oitavo día seguinte ao de apertura dos sobres A. A data e hora exactas serán publicadas no perfil do contratante cunha antelación mínima de 48 horas.

b) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.600 euros.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2016

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia