Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2016 Páx. 44056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 24 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016035AM-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 8 de xullo de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2016035AM-OU, a Diana Jardón Rodríguez con DNI 44473744-R, como titular do establecemento Ximnasio Body Fitness sito na avenida de Ourense, 86 do Concello de Xinzo de Limia en Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto no nº 5 do referido artigo, notifícase a Diana Jardón Rodríguez con DNI 44473744-R, como titular do establecemento Ximnasio Body Fitness, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento do mesmo.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte á publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13 de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido de dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, quedando supeditada a eficacia desta notificación á sua publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 24 de agosto de 2016

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2016035AM-OU.

Interesada: Diana Jardón Rodríguez, como titular do establecemento Ximnasio Body Fitness.

DNI/NIF/CIF: 44473744-R.

Último enderezo coñecido: avenida Ourense, 86, Xinzo de Limia (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: Real decreto 865/2003.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: mil douscentos euros (1.200 €).