Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2016 Páx. 44076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto multicriterio, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, para a adquisición e instalación dunha sala de electrofisioloxía con destino ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (expediente AB-SER2-16-008) (lote único).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Montaxe e Equipamento.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.

5º. Telefax: 881 54 86 11.

6º. Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

7º. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es.

d) Número de expediente: AB-SER2-16-008.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición e instalación dunha sala de electrofisioloxía con destino ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, polo procedemento aberto, cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea, no marco do programa operativo de Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7 e obxectivo específico 9.7.1. (AB-SER2-16-008) (lote único).

c) División por lotes e número: 1 lote.

d) Lugar de entrega da subministración: Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo).

e) Prazo máximo de entrega: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada na pluralidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato: 500.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 500.000,00 €.

Orzamento con IVE: 605.000,00 €.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 26.10.2016.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Admisión de ofertas conxuntas: non se admiten.

g) Outras informacións: toda información relativa ao expediente se fará pública na páxina web que se cita neste anuncio.

9. Apertura das proposicións: a data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20.9.2016.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos