Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2016 Páx. 44025

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 864/2012).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 864/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Míguez Camino contra Asociación Profesional Agraria de Xóvenes Agricultores e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Auto:

Maxistrado xuíz: Javier Fraga Mandián.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2016.

Parte dispositiva:

Acordo a desistencia do recurso de suplicación anunciado no seu día por María Pilar Míguez Camino, cuxas pretensións de impugnación se teñen por abandonadas.

Arquívense as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Así o acordo e asino.

Contra este auto cabe interpor recurso de reposición (artigo 186 da LXS), no prazo e na forma previstos no artigo 187 e seguintes da LXS.

E para que sirva de notificación en legal forma a Asociación de Propietarios Rurales y Productores de Caza de Galicia, Asociación de Mulleres e Familias do Ámbito Rural Galego, Asociación de Selvicultores de Galicia, Asociación de Autónomos de Galicia, Asociación Comuni-K2, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal, Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación Social Media, Consorcio Renaci, Social Media 21, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza