Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2016 Páx. 44041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/63-2, 8372 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: reforma e telemando CD 4444 San Roque, 2.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Reforma do CD 4444 San Roque 2 (400 kVA) consistente na realización dun depósito de aceite, pintado das paredes, do teito e do chan. Construción de escaleiras, reixas de ventilación na porta e na tapa de acceso. Construción dunha canle para as novas celas. Desmontaxe dos embarrados, aparellaxe, ferraxes e anteparos. Instalación de tres novas celas de liña e dunha de protección, dun novo circuíto de terras e de iluminación de emerxencia. Instalación dun novo armario de BT e a súa ampliación.

2. Telemando das tres celas de liña desde o centro de control de rede (Cecore).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 6 de setembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo