Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2016 Páx. 44054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica a resolución do recurso de reposición RRI-CEI-33/12.

O 15 de xullo de 2016 o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG nº 131, do 12 de xullo), ditou resolución do recurso de reposición RRI-CEI-33/12, interposto por Instalaciones Revigas, S.L.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Instalaciones Revigas, S.L. a resolución antes referida.

A interesada poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra a referida resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que a demandante teña o seu domicilio (dentro do límite territorial da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) ou o de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou polo transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2016

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria