Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2016 Páx. 44036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Covelo (expediente IN407A 2016/478-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.

Domicilio social: Virgen de la Luz, 3-baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMTS, CT Godóns-Cozupreiro.

Situación: Covelo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 60 metros de lonxitude (30×2) con orixe e final no apoio 5 da LMTA Godóns, unha vez que entre e saia do centro de transformación proxectado Cozupreiro. Centro de transformación de 100 kVA, RT 20 kV/400 V, situado en Godóns, Covelo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; edificio administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 16 de agosto de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra