Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2016 Páx. 44015

IV. Oposicións e concursos

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2016 pola que se resolve a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo de secretaria/o de Dirección.

Ao abeiro do disposto na disposición adicional segunda do Decreto 360/1998, do 4 de decembro, anúnciase que o director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable ditou Resolución do 19 de setembro de 2016 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo de secretaria/o de Dirección no Cixtec. A asignación da praza está á disposición dos interesados no taboleiro de anuncios e nas dependencias do referido centro (rúa Domingo Fontán 9, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable