Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2016 Páx. 44099

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2016 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Igualdade, Xénero e Educación.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 25.9.2015 (publicado no BOE do 21 de outubro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de outubro de 2015).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Igualdade, Xénero e Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Igualdade, Xénero e Educación
pola Universidade de Santiago de Compostela

Rama de coñecemento: ciencias sociais e xurídicas.

Universidade participante: Universidade de Santiago de Compostela.

RUCT: 4315428.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

60

Optativas

-

Prácticas externas

15

Traballo fin de máster

15

Créditos totais

90

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Aspectos metodolóxicos para os estudos das mulleres e do xénero

5

OB

Materias obrigatorias

Investigación, coñecemento de xénero e teoría feminista

5

OB

Políticas públicas e xénero

5

OB

Historia das mulleres e mulleres e homes na historia

5

OB

Violencia e xénero

5

OB

Educación, coeducación e socialización en función do xénero

5

OB

Os procesos de constitución das identidades de xénero

5

OB

Medios de comunicación, língua e xénero

5

OB

Actividade económica, relacións de traballo e xénero

5

OB

Aspectos xurídicos das relacións de xénero

5

OB

Intervención social e avaliación de programas de xénero

5

OB

Cambio social, multiculturalismo e saúde

5

OB

Prácticas laborais e profesionais

15

OB

Prácticas externas e traballo fin de máster

Traballo fin de máster

15

OB