Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44727

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 6 de setembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se procede a dar publicidade á Resolución do 4 de agosto de 2016 pola que se convoca o procedemento de mobilidade interna voluntaria de diversas categorías de persoal estatutario fixo do Hospital Comarcal Valdeorras.

A citada resolución estará exposta, desde a mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros oficiais de anuncios do Hospital Comarcal Valdeorras e na intranet do centro.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles, desde o seguinte ao desta publicación.

Ourense, 6 de setembro de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras