Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 21 de xullo de 2016 polo que se autoriza a transmisión da titularidade das licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica nas localidades de Lugo (88.9 MHz) e Lalín (100.2 MHz).

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia en sesión do día vinte e un de xullo de dous mil dezaseis

RESOLVO:

Dar publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 21 de xullo de 2016 que a continuación se transcribe:

«Autorizar a transmisión da titularidade das licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica nas localidades de Lugo (88.9 MHz) e Lalín (100.2 MHz) das que é titular E-Media Punto Radio, S.A.U. a favor de Corporación de Nuevos Medios Digitales, S.L.U.».

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2016

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios