Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 2 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación dunha resolución dun expediente tramitado por esta entidade (expediente 2009/336-36).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de 1ª Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer nun prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente, para os efectos de coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais e en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº expediente: 2009/336-36.

Interesado: José Mario Martínez Fernández.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 1 de setembro de 2016.

Vigo, 2 de setembro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo