Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas práticas na Administración pública galega, acórdase darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no segundo cuadrimestre do ano 2016, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2016
Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega
ANEXO
Convenio |
Achega do Consello |
Data |
Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación Francisco Ayala para a publicación do Epistolario de Francisco Ayala. |
Sen dotación económica |
4.5.2016 |
Convenio de colaboración entre a Consellería da Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística. |
7.000,00 € |
6.5.2016 |
Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración e o Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración. |
Sen dotación económica |
20.6.2016 |