Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2016 Páx. 44815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación para a adquisición de equipamentos de protección individual para a loita contra a avespa velutina, cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 05, prioridade de investimento 05.02, obxectivo específico 05.02.01, liña de actuación 40: dotación de equipamento, instalacións e infraestruturas de protección civil destinadas á prevención e xestión de riscos derivados de catástrofes naturais e fenómenos relacionados co clima.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=29113

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.083.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: a subministración de 225 EPI para a loita e control da praga da avespa asiática ou «avespa velutina» destinados aos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias.

c) División por lotes e número: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 35113000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 33.471,00 €. Importe total: 40.500,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2 de agosto de 2016.

b) Data de formalización: 3 de agosto de 2016.

c) Adxudicataria: Xorsa Global, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 33.471,00 €. Importe total: 40.500,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias