Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2016 Páx. 45300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 15 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do expediente B-0766 relativo ao recurso de alzada presentado contra a Resolución do 11 de marzo de 2016.

Con data do 11 de marzo de 2016, a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente B-0766, desestimatoria da solicitude presentada por de -ver pdf - sobre habilitación profesional como condutor de ambulancia de clase B-C.

A dita resolución foi obxecto de recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, que se resolveu mediante Resolución do 17 de xuño de 2016 pola que se desestima o recurso de alzada presentado por -ver pdf - e se confirma integramente a resolución impugnada.

Intentada a notificación da resolución de alzada segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a -ver pdf - o contido da dita resolución do recurso de alzada, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber que contra a resolución ditada en alzada, que pon fin á vía administrativa de conformidade co disposto no artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 91 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co previsto no artigo 46 da referida lei xurisdicional.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2016

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: B-0766 (habilitación profesional de transporte sanitario).

Interesado: -ver pdf -

DNI/NIF/CIF: -ver pdf -

Último enderezo coñecido: -ver pdf -

Resolución de alzada: desestimatoria.