Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2016 Páx. 45250

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 127/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 127/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones Nanva, S.L., sobre ordinario, ditouse resolución en que se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada o 22.10.2015 no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co número de autos 161/16 a favor da parte executante, Fundación Laboral de la Construcción, fronte a Construcciones Nanva, S.L., parte executada, por importe de 487,38 euros en concepto de principal e de 48,73 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do artigo 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Nanva, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza