Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Mercadona, S.A.
Domicilio social: Valencia 5, Tavernes Blanques.
Denominación: liña de media tensión subterránea e centro de seccionamento e anexo.
Situación: concello de Ribadeo.
Características técnicas:
1. Liña de media tensión subterránea a 20 kV Ribadeo 1 en canalización proxectada, con orixe nun paso aéreo a subterráneo situado no apoio nº 1 proxectado, entra e sae no centro de seccionamento proxectado e remata noutro paso aéreo a subterráneo situado no apoio nº 2 proxectado, cunha lonxitude de 75 metros en condutor tipo RHZ1-12/20 kV 3 (1×240 m²) .
2. Centro de seccionamento en edificio prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección con interruptor automático.
O 29 de xullo de 2016, José Rodríguez González presenta un escrito de alegacións. Vistas estas e a contestación dada pola empresa Mercadona, S.A., aquelas non impiden continuar coa tramitación do expediente xa que o proxecto é tecnicamente correcto.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro), e no 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Lugo, 8 de setembro de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo