No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións dos recursos de alzada presentados polos interesados, publícanse mediante este edicto as notificacións das ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, contra as cales se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a xurisdición competente no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No prazo dun mes, e de acordo co referido no artigo 61 da antedita Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, 9-1º), das 9.00 ás 14.00 horas, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.
A Coruña, 8 de setembro de 2016
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Interesado/a |
DNI/NIE |
Nº expediente |
Resolución |
Concello |
Alicia Estévez Lago |
45954256A |
15002005515R |
Recurso desestimado |
Ames |
Alfonso José Varela Somoza |
52454337P |
15011002214R |
Recurso desestimado |
Boiro |
Mª Dolores Rodríguez López |
32684620X |
15036022815R |
Recurso estimado |
Ferrol |
Raquel Ferreruela Ferreruela |
45862993G |
15078014215R |
Recurso desestimado |
Santiago de Compostela |