De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0772/2016-PPM e tres máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
A Coruña, 16 de setembro de 2016
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0772/2016-PPM.
Persoa interesada: Severo Boullón Ronquete.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: corredoira de Luis Cadarso, 68, 4º, Noia.
Expediente: PSC-CO-0797/2016-PPM.
Persoa interesada: Daniel Fernández Rey.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Grupo Santa Cristina, bloque 6, 7º B, Palavea, A Coruña.
Expediente: PSC-CO-0829/2016-PPM.
Persoa interesada: Fernando Manuel Melero Sabugueiro.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Beiramar, 2, 5º E, Perillo, Oleiros.
Expediente: PSC-CO-0842/2016-PPM.
Persoa interesada: Jorge Luis Páez Castro.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Dereitos Humanos, 12, 4º D, Boiro.